|
|
|
|||
|
|
|
|
¡¡¡CARRAXENTOS REINCIDENTES!!! Don Quin e Don Emilín cébanse de novo no colectivo de PNNs neste
16.04.08 e, daquela, volven ser corresponsables
das desfeitas persoais ocasionados a miles de PNNs polo trato
agraviante e desaprensivo ó que as/os veñen de someter. Folgan palabras, folgan manifestacións. Está todo dito e feito. Estas desfeitas sociolaborais masivas alguén as ten que pagar. Non debería ser o patrimonio público o que se faga cargo das belixerancias exercidas por quen ocupan os postos de responsabilidade na Administración. É de xustiza que quen se aproveita do uso do poder pra abusar e agraviar a cidadáns debe asumir persoalmente as consecuencias. Que afronten eles persoalmente -e mesmo co seu patrimonio- tanto despropósito. Asáñanse en ferir por ferir, danar por danar, co vergoñento silencio cómplice dos cordeiros que outrora bufaban, coma se foran cribles, contra da décima parte do que agora acontece. É de xustiza, ¡¡¡ que sufran eles as súas lixeirezas!!!. 16.04.08 TOURIÑO
DAS PORTAS PEQUENAS, EXPLÍCATE: Touriño,
colega, ó parecer sendo docente da Universidade de Santiago "chegaches
ás mans" con outro colega, disputando unha praza que cada un
pretendía adxudicarlle a unha persoa do seu contorno. EXPLÍCANOS ISO Colega
vémoste moi a miúdo buscando a primeira plana dos medios de comunicación
a costa dos dereitos das/os PNNs. É moi grave que, precisamente en
época de reserva de praza do alumnado, saias nos medios de comunicación
poñendo en dúbida a calidade do ensino público e -pra maior pasmo da
audiencia- dicindo que o vas solucionar cargándote ás/ós
experimentadas/os PNNs. Quizais non foi casualidade o desembarco en
Galicia de multinacionais do ensino privado coincidindo coa vosa entrada
no Goberno da Xunta. Incluso
ousaches dicir que as/os interinas/os foron recrutadas/os a dedo e que vas
impedir que adquiran dereitos que lles permitan entrar pola porta
pequena. Colega,
como ti sabes ben, o colectivo de PNNs entrou pola porta grande, polos
seus méritos, entre outras razóns porque proceden de contornos
familiares humildes e polo tanto ignorados polo poder do que ti si
gozas. E
se sabes de alguén que entrara pola porta pequena (cousa que dubidamos)
tamén sabes que a chave desa porta estaba en mans de algunha das túas
Autoridades de Educación. Pídelle contas a ela e deixa de facer leña
da árbore caída. ¿¿
Non serás tí un presidente pequeno que, incapaz de apagar os lumes, de
facer uns regos pra evitar que se aneguen os pobos, de evitar a
contaminación das costas, de evitar a fuga das empresas, etc.,
etc., etc., intentas miserablemente gañar votos a costa dos dereitos
das/os explotadas/os PNNs (dereito á dignidade sociolaboral,
dereitos económicos, etc.) ?? Colega, hoxe 13.04.2007 consumaches a páxina sociolaboral máis negra da historia do ensino público de Galicia. Daquela, a ti que vas sementando o sufrimento social tan alegre e irresponsablemente, compre lembrarche que O dereito adquirido das/os PNNs a seren docentes fixas/os é irrenunciable, indiscutible e innegociable por moito que te reunas "con Xan ou con Pericán". Colega,
neste país precisamos Presidentes Grandes, non FERAs feridas. 13.04.07 PNNs:
Prensa
do 23.02.05: |
NIN ACESOS NIN RECESOS; -O SIEG -estatutariamente apolítico-, non ten nin pode ter nada contra quen trapichean baixo idearios de dereitas, de esquerdas, de centro, etc. nin sequera contra quen mesturan as cuestións políticas coas sindicais coma se non tiveramos dabondo coa problemática laboral. - Pero temos todo e estamos todas/os -fixas/os e PNNs- contra quen insiste en estragar dereitos social e legalmente tan básicos coma o IRRENUNCIABLE dereito de fixeza das/os PNNs. E, por suposto, ningún PNN de aquí ou de alá, por moi desesperada/o que estea, pode negociar e menos ofrecer en bandexa os dereitos do colectivo. Os dereitos social e legalmente básicos son irrenunciables e polo tanto innegociables. -O confusionismo interesado que determinados grupos pretenden crear con cantinelas como "Ariños veñen e van" á que chaman "informe Ariño" non son de recibo. Insistimos, o colectivo de PNNs non traga estabilidade dosificada nin estranos labirinto-complementos de acceso porque non renuncia ó dereito de fixeza. -¿ Porqué
determinados grupos e sindicatos queren arrastrar ó profesorado
non numerario a mobilizacións estériles contra tal ou
cal modelo ou labirinto de acceso se as/os PNNs xa son empregadas/os da
Administración Pública ? -As/os
PNNs, en
virtude do espírito e da letra da normativa laboral
vixente,
teñen a condición de fixas/os. Porque o sistemático
desamparo legal e conseguinte explotación laboral a que
están sometidas/os ininterrompidamente dende hai varias décadas
devén na condición de fixas/os das/os afectadas/os. Así
o recoñece a propia Xunta de Galicia coa Lei
4/91. -As/os PNNs, ante tal desamparo legal, si han de mobilizarse sen concesións, na defensa do dereito de fixeza porque as tradicionais mobilizacións polo respecto do dereito de fixeza aínda non conseguiron dobregar a arrogancia da Xunta de Galicia. O SIEG está nesa loita ata lograrmos os obxectivos; VEN BOTAR UNHA MAN
MANIPULACIÓN
e AMBIGÜIDADE,
|
|
O
SIEG REXEITA A AMBIGÜIDADE E A MANIPULACIÓN |
¡
QUE NON CHE VEÑAN CON ACORDOS REXEITADOS NOUTRAS CCAA ! |
|
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A
solidariedade e cousa de todas/os - fixas/os e PNNs -,
-exércea-