O PATRIMONIO
A NATUREZA DO ORTEGAL INICIO O ENSINO
O castro dos prados Páxinas para o recordo As orixes do Ortegal Entrega ó concello do convento de Santo Domingo

Páxinas para o recordo.

As fontes

As fontes en Santa Marta, pódese dicir que desapareceron. A súa desaparición débese a que terminaron a función que tiñan que desempeñar: abastecer de auga á poboación da vila.

Cando a rede da traída de augas quedou instalada nas vivendas, a misión das fontes déuse por cumprida. Como a súa situación non estaba ubicada en lugares adecuados, para que serviran como elementos decorativos; de aí a maior parte delas, hoxe son un mero recordo para as persoas de máis idade.

Facendo unha pequena mención das que foron e xa non son e as que aínda existen, podemos comezar así.

A da "Plazuela", situada na Plazuela dos Anxos na parte que fai esquina coa rúa Manuel Sandomingo (chamada tamén calle de abajo, noutro tempo Rúa de Dolores) e xusto ó lado da casa de Dna. América Daporta, atopábase esta pequena e bonita fonte de ferro. Tiña un sí cano e a ela acodía a xento do barrio do Ponto e rúas próximas.

Ir buscar auga á fonte era un traballo diario e duro e supoñía unha gran pérdida de tempo. Or recipientes que se utilizaban para transportar a auga da fonte á casa eran bastante pesados, quizáis pesara máis a tora que o peso neto en si; é dicir, a auga que levaba. Tratábase de caldeiros de aro, feitos de estno galvanizado ou algo así. Se a persoa que ía á fonte era adulta acostumbraba a levar dous caldeiros, un en cada man; se se trataba de nenos levaba só un, que normalmente o enchía ata a metade da súa capacidade para alixeirar peso; se se enchía,chegaba só a metadem pois entre os acaneos propios do andar e as paradas para descansar ó longo do camiño, a auga íase vertendo pouco a pouco.

paginaf1.JPG (28400 bytes)

A FONTE DA PENELA

Ademáis dos cubos utilizábanse as sela de zinc (estas eran pouco pesadas) e as ferradas, é dicir, as famosas selas de madeira de teca e aros de metal amarelo (se os donos dos mesmos eran xente acomodada). Algunhas persoas mesmo levaban a sela tapada coa súa bonita e pesada tapa, tamén de metal.

Claro está que estes pesados artiluxios que hoxe serven de elementos decorativos. Nas casas transportábanos os criados da xente "ben" (menudo peso aínda valeiros). Tamén levábanse á fonte os chamados "bidones" que tiñan máis capacidade, e xa se sabe a máis auga máis peso. (Este bidóns teño entendido que sevían de envase ó carburo). Tamén había os bidóns normais, que eran caldeiros grandes, pero en forma de balde.

Os bidóns e as selas, transportábanse na cabeza e era asombrsoso o equilibrio co que os levaban as mulleres que facían uso destes recipientes. Enriba da cabeza e dabaixo dos mesmos poñían o que se chama o molido ou rodel, que viña a ser un real de tela retorcido e logo doblado en forma de círculo. O molido poñíano para protexer a cabeza do roce que les podían ocarionar as selas e os bidóns.

Para coller auga na fonte había que esperar vez, se é que alí había máis dunha persoa. O de "ahor me toca a mí" deu lugar a máis dunha riña, xa que algunhas persoas en vez de esperar o seu turno, trataban de colarse e as persoas que estaban esperando e que tiñan dereito a facer uso da fonte antes que elas non llo permitían. Pero non sempre había riñas. Como alí había que acodir tódolos días e ás veces varias veces o día, pódese dicir que tamén ir á fonte supoñía ir de tertulia, pois mentres se esperaba a vez en algo había que pasar o tempo. Ademáis teño que dicir que na primavera e verán, a plazuela dos Anxos é un lugar tranquilo e apropiado para tertulias e en aqueles tempos mesmo cómodo, xa que as escaleiras da placiña, servían de asento ás augadoras.

As persoas que nos tiñan a paciencia de esperar a vez e que tampouco lles gustaba a tertulia, acodían á fonte a primeiras horas da mañán ou ben a partir das doce da noite. Algunhas persoas tamén ían a esas horas, porque lles parecía unha baixeza ir á fonte e non tiñan os suficientes cartos para pagar unha augadora. As augadoras, outro oficio xa desaparecido. Esta fonte hoxe xa non existe.

A fonte do Cantón.

Estaba situada na esquina do que hoxe é o pub Galaripos. Era unha fonte parecida á da Plazuela dos Anxos, pero máis elegante e esbelta. Ademáis tiña dous canos, un á dereita e outro á esquerda. Esta fonte surtía de auga á xente que vivía no seu entorno. Aquí non só había riñas por colarse nos turnos; ás veces o follón xurdía, cando nalgún momento quedaban libre os dous caños. Se a persoa á que lle tocaba o turno, tiña dous recipientes para levar e facía uso ó mesmo tempo dos dous canos, expoñíase a oir unha reprimenda por parte de algunha das persoas que esperaba a vez, xa que segundo o horario desta nos se podían ocupar os dous canos, se non que había que deixar un libre e encher os dous recipientes no mesmo cano. En fin, ns fontes, como noutros sitios había xente de tódalas condicións. Persoas que non lles importaba ceder a vez, xa fora por bondade, xa porque non tiñan presa e pasábano ben conversando ou chismorreando cos demáis compañeiros. Outros por educación non recriminaban á que se colaba con toda a cara, sen esperar turno, aínda que non por isto se deixaban pasar por parvos; de aí que lle dixeran "agora tócame a min, pero bueno". Logo habías as inconformistas que protestaban por todo.

A fonte do Cantón, cando non tiña razón de ser, nin de estar neste lugar, foi trasladada á pequena plaza que hai ó lado das xarcíns da Alameda e estivo situada no centro deste pequeño terreo durante algún tempo. Máis tarde debeu estropearse, pois un bo día apareceu en dous trzos tirada no chan, ata que desapareceu. Non sei cal sería o seu fin. Cantas cousas podería contarnos a vella fonte, se poidera falar. Hoxe, neste lugar hai unha nova fonte.

A fonte da Preguiza.

paginaf2.JPG (23628 bytes)

JOSEFA GÓMEZ NA FONTE DO CANTON NO ANO 1.928

Foi a última fonte que se instalou no pobo, co único fin de surtir de auga a un determinado núcleo de poboación. Ó final da rúa de Curuxeira, atópase no varrio da Preguiza. Nesta zona, a proncipios dos anos cincuenta edificouse o primeiro grupo de casas acollidas, chamadas casas baratas. Como por esa época aínda non estaba instalada a auga corrente nas casas, de aí a necesidade de instalar esta fonte neste barrio. Esta fonte estaba ó lado de que hoxe é o comercio de Teresita.

Hai que recordar que por aquel entonces, a rúa que pasa por diante das casas baratas, estaba só amorrillada e diante das casas de enfrente propiedade da familia Casal Martínex, había unha especie de acera semiempedrada, e pegado á algunha destas casas un pequeño banco de pedra. Pois ben, ó asfaltar e ampliar a rúa, a acera desapareceu, e o banco e a fonte cambiaron de sitio, pero non de barrio;mesmo a fonte tampouco é aquela.

A fonte hoxe está situada como elemento ornamental na pequena, soleada e concurrida placiña que hai ó lado da casa de Rosaio Casal. Nesta placiña tamén está o banco de pedra, facéndolles compañía a outros máis modernos, nos que a xente do barrio se senta para tomar o sol e reláxase gran parte do ano, contando coa frescura da auga da fonte e o perfume das flores de azahar do limoeiro e do laranxo da horta do lado.

A fonte vella.

Seguindo na zona do barrio da Preguiza, teño que mencionar esta fonte. Fonte propiamente dita, xa que é manantial. Keva o nome do lugar onde está ubicada. Verte as súas augas ó lado do Asilo de Anciáns e alimente á fonte do lado esquerdo do lavadeiro de Curuxeira.

A fonte da Penela.

Sendo alcalde José Maciñeira, no 1.887, construíuse esta fonte ó desfacerse o lavadoiro de As Cortes, nun lugar onde antes había un canalón rústico de pedra.

A fonte de San Miguel.

É outra fonte con manantial propio que se atopa ó ado dereito de camiño, que dende o lavadeiro de Curuxeira conduce a Brandaliz. Alí atópase a vella fonte, escondendo as súas cristalinas augas baixo a sombra de bouza e braña.

A NATUREZA DO ORTEGALINICIOO ENSINO
subir.gif (1161 bytes)