Castro dos Prados: ¿Un
B.I.C. no Concello de Ortigueira?.
A lei 8/95 do 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia no seu artigo 8 define e
clasifica os B.I.C. (Bens de Interese Cultural): Os bens mobles, inmobles e inmateriais
máis sobranceiros do patrimonio cultural de Galicia serán declarados bens de interes
cultural mediante decreto de Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Cultura, e
inscribiranse no Rexistro de Bens de Interes Cultural de Galicia. Entre as diferentes
clases de bens de interese cultural interésanos o denominado zona arqueolóxica, lugar ou
paraxe natural onde existen bens mobles ou inmobles susceptibles de seren estudiados con
metodoloxía arqueolóxica, tanto se se atopasen na superficie coma no subsolo ou baixo as
augas territoriais.
| Hai unha posibilidade real de conseguir a declaración de B.I.C. para o
Castro dos Prados, xa que a Consellería de Cultura podería incoar e tramitar o
expediente administrativo, notificándollo ó Concello de Ortigueira, quen debería
sensibilizarse diante da rendabilidade socio-cultural que siñifica dispor dun B.I.C. no
minicipio, gozando de máxima protección e turela que outorga a Lei, só posible gracias
á singularidade e importancia do Monumento con Forno Pedra Fermosa, ubicada no primeiro
foxo do Castro dos Prados en Espasante, único en bó estado de conservación, excavado e
consolidado, que temos na Comunidade Galega. |
 MONUMENTO
CON FORNO.PUNTA DE PRADOS NO MOMENTO DA SUA RECUPERACIÓN |
As Pedras Formosas son construccións hipogeas cunhas características
moi especiais dentro da arquitectura castreña. Distinguimos na súa pranta: Atrio,
Cámara, Antecámara e Forno. Funcionan como balnearios de vapor, ubicándose nas zonas
baixas e soterradas dos poboados, cunha presencia constante de auga.
Para tomar un baño de vapor os habitantes de Castro dos Prados introducíanse pasando
polo atrio, a través dun monolito pétreo denominado Pedra Formosa, normalmente moi
decorado situado entre a antecámara e a cámara, nesta derradeira habitación.
Previamente alimentábase o Forno para quentar cantos rodados de cuarzo que posteriormente
se introducían nunha pequena piscina situada na cámara; ó contacto dos cantos coa auga
producía vapor no interior da cámara, como unha sauna actual. Finalizado o baño
pasábase á antecámara que dispoñía de banco corrido, descansando nunha zona templada,
de temperatura intermedia, denantes tomar un baño de auga fría no exterior da
construcción.
A área de distribución dos Monumentos con Forno limítase ó norte de Portugal,
occidente de Asturias e Galicia. Nesta Comunidade só se coñece Augas Santas en Ourense,
mal conservado, situado no lugar de Armeá, na cripta da basílica románica da
Ascensión, que alterou a estructura do Monumento e o situado no Concello de Ortigueira
que aporta datos novedosos como a división do Forno en cúas partes claramente
diferenciadas, cunha zona de alimentación, así como a presencia de dúas arquetas no
interior da cámara, enfrente á piscina. A Pedra Fermosa está situada nun entorno
arqueolóxico moi rico en xacementos. O Castro dos Prados ubícase nunha península,sobre
o Porto de Espasante, cun acceso fácil seguindo a estrada que conduce á Cetárea. É un
castro costeiro; o seu emplazamento topográfico esegúralle unhas boas condicións
naturais defensivas ó longo de toda a superficie habitacional, rodeada doutros cantís. O
único acceso por terra ó xacemento conta cun sistema defensivo composto de dous
progundos foxos intercalados por dúas murallas; unha terceira defensa consiste nun
parapeto,hoxendía cas desaparecido.
O Castro dos Prados ocupa unha das tres penínsulas que delimitan a rada da praia de
San Antón de Espasante. Neste espacio xeográfico hai outros dous castros, un de cima, a
Croa de Ladrido e outro costeiro, o Tallo de Ladrido, e unha vila romana; estamos diante
dun espacio cunha elevada densidade de poboamento, un uso continuo do territorio,
indicativo dunha elevadoa potencialidade económica do entorno. A ría de
Ortigueira-Ladrido é moi rica cara as actividades perqueiras e marisqueiras, os solos
ceranos ó xacemento todavía hoxe adícanse a cultivor e pastos e o medio físico
inmediato proporciona os recursos xeolóxicos necesarios para a construcción do castro e
Monumento con Forno. A praia de San Antón de Espasante proporcionou as cuarcitas e os
xistos verdes, os terreos do propio castro os xistos con granate, ó sur da praia de
Espasante as serpentinas, os Sos o granito de dúas micas e as crestas de Rande ó
surleste de Espanaste as luysas negras; con esta materia prima construíronse os muros do
castro e o enlousado que forma o piso da Pedra Fermosa.
As intervencións arqueolóxicas realizadas no Castro de Prads foron de dous tipos:
excavación e consolidación do exhumado. As campañas de traballo foron cinco
distribuídas entre os anos 1987-1992. Os resultados das excavacións amosaron un
xacemento castreño con dous momentos diferentes de ocupación, perfectamente visibles nas
catas arqueolóxicas marcadas na base da primeira muralla do castra e que veñen sinalados
polos restos de dúas construccións que ó solaparse amosaban non ser coetáneas. En
concreto, eran os restos dun muro de habitación de forma oval ou circular e un muro recto
que se apoiaba naquel. Isto provocou unha destrucción case que total nos niveis
arqueolóxicos relacionables coa primeira ocupación visible. O segundo nivel, a pesar da
falla dunha estratigrafía clara, relacionámolo, polo tipo de construccións aparecidas,
coa Pedra Formosa. A superposición ás estructuras de esquiñas redondeadas indican un
primeiro momento de ocupación, no que se construíu o xacemento e o foxo, cumplía a súa
función como elemento defensivo. A cronoloxía deste nivel arqueolóxico, por mor do
material ergolóxico recuperado e pertenecento ó segundo momento de ocupación,
corresponde ó século I A.C. O segundo momento de ocupación do xacemento, no que o foxo
perde a súa función orixinal, sendo reaproveitado para construir o Monumento con Forno,
será dunha cronoloxía posterior ó século I A.C.
Acompañando ás estructuras constructivas exhumadas durante as excabacións,
recuperouse material ergolóxico, destacando a cerámica común romana, fragmentos de
cerámica fina tipo sigillata, anacos de ánfora, e numerosos fragmentos de crámica
castrexa feita a mñan, de pasta moi basta; material lítico, con muíños circulares,
alisadores, fusaiolas, pesas e material metálico entre o que destacamos fíbulas de longo
travesaño, fibelas e un as de bronce de época imperial, no que se pode apreciar, gracias
ó regular estado de conservación no anverso, a cabeza laureada de Augusto mirando á
dereita e , no reverso, o toro parado sobre unha liña horizontal, mirando á dereita;
lese perfectamente diante da cabeza Augos, e detrás Divi.F.; enriba do toro L.Baccio e ,
debaixo, Man.Festo, todo dentro dunha gráfila de puntos. A cronoloxía é do 26 A.C.
 O MESMO
MONUMENTO EN XULLO DE 1.998 |
Acompañando a todo este material recuperáronse restos
óseos, identificándose gando vacún (Bos Taurus), ovicaprino (Ovis Aries/Capra Hircus) e
porcino (Sus Domesticus), agás dun peixe sen identificar, confirmándos a composición
dunha cabana gandeira semellante á doutros xacementes castrexos. Xúntanse a estes restos
as cunchas de diferentes especies, como mexillón, ameixa, berberecho e ostras. Interésanos
destacar neste artigo que ademáis da aportación sumamente importante á liña
investigadora das Pedras Formosas dentro do mundo da Cultura Castrexa, o Monumento de
Espasante é necesario comtemplalo dende uha óptica socio-cultural de rentabilización do
Patrimonio. |
É preciso a potenciación da protección, conservación e proxección
social deste patrimonio, incluíndoo en proxectos locais ou comarcais de carácter más
xeral.
A xestión unitaria dos recursos medioambientais, nos que está incluido o patrimonio
arqueolóxico, como un dos recursos endóxenos máis interesantes, é outra vía que
asegura a protección.
O Monumento con Forno de Espasante está integrado, e derá contribuir, no desenrolo do
plan de desenvolvemento comarcal do Ortegal.
Realizadas na primeira fase as actuacións de sondaxes estratigráficas, excavación en
área, consolidación integral, limpeza do entorno, plantación árborea, sinalización,
accesos, e divulgación, todo financiado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia,
deberiase acometer nunha segunda fase a compra dos terreos para que señan propiedade
municipal, cubrir a estructura, realizar paneis explicativos no xacemento, iniciar a
proxección socio-cultural e turística a tódolos niveis con estratexias como a
publicación de trípticos.
Para acadar estos obxetivos é fundamental que as institucións pñublicas formalicen
un convenio, favorecido pola declaración do Castro dos Prados como Ben de Interese
Cultural.
Cariño, 6 de Xullo de 1998
Por Emilio Ramil |