D.José Iglesias é natural de Valladares, alumno da propia Escola de Música da Banda, fillo, irmán e neto de músicos. Realizou os seus estudios nos Conservatorios de Música de Vigo, Coruña e Madrid. Como compositor podemos destacar os pasodobles "Centro Cultural", "Xacobeo-93", "Al paso de la Banda", Desfilando", as Jotas galegas "Troulada", "Os Romeiros", e outros como "Santa Celcilia", "Maruxiña", "El Buen Pastor"...
Con él iníciase na Banda unha nova etapa que creemos a máis brillante da súa historia. Del depende a actualidade artística da Banda, do seu traballo diario cos alumnos da Escola de Música, da súa extraordianria capacidade Musical e pedagóxica para asimilar e transmitir ós músicos os carácteres musicais de cada composición ( Zarzuela, Oberturas, Sinfonías, Música Contemporánea, etc. ).Ensaia e dirixe ademáis a Coral Polifónica do Centro Cultural de Valladares.
No pasado día 29 de Decembro de 1996, esta Banda de Música organizou un acto Homenaxe o seu actual Director, D. JOSE IGLESIAS RAMILO, polos seus primeiros 25 anos o servicio da "Unión Musical de Valadares". Este acto, organizado no Pabellón dos Deportes de Valladares, foi presidido polo Iltmo. Sr. Alcalde de Vigo D. Manuel Pérez Álvarez, reunindo nel os 28 músicos que formaban parte da Banda en 1971 xunto cos 78 actuales, e ademáis os 64 musicos excedentes que en algún momento destes 25 anos formaron parte desta Agrupación Musical.