BANDA DE MUSICA
"UNION MUSICAL DE VALLADARES"


"PLENA ACTIVIDADE MUSICAL"

Foi fundada esta Banda de Música no ano 1902 por un grupo de 16 aficionados, e desde Novembro de  1971 está baixo a "batuta" do seu actual director e compositor D. José Iglesias Ramilo, quen contaba entón tan só con 14 anos, sendo durante moitos anos o director máis xoven de España.

O 19 de Marzo de 1975, o C.C.A.R de Valladares (o agora chamado C.V.C de Valladares) e a Banda de Música rendiron unha "Homenaxe" ó músico máis veterano e último fundador  D. Evaristo Piñeiro Salgueiro, quen os seus 89 anos seguía tocando nesta agrupación. Para este evento recuperáronse dez antigos músicos, completando así entonces unha plantilla de 42 compoñentes, que coa evolución da Banda e a raíz do traballo diario na "Escola de Música", elevase na actualidade a 78 músicos, algúns deles profesionais na Escola Naval, Bandas Civiles, Orquestas... e Directores doutras Bandas de Música Populares, como a de A Estrada, Arbo, Matamá, Candeán, ...

Despois de deambular toda a súa historia por varias casas particulares de Valladadares co local de ensaio, dende 1976 ocupan un local na planta sótano do Centro Cultural de Valladares. Dende 1983 ata 1994 estivo funcionando no Centro Cultural de Valladares unha filial do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e paralelamente servindo de introducción ou inicio ós cursos oficiais, está a propia Escola de Música da Banda

banda2.jpg (9444 bytes)

Mostra da constante actividade Músical da Banda, é tamén a creación dos Grupos de Cámara "Grupo de Metales ARS-METAL" , "Grupo de Vento-Madeira AMADEUS"e o mais recente "Valla-Brass"

Ademáis dos Concertos que ofrece cada mes no C.V.C. de Valladares, dedicados ós seus "Amigos da Música", tamén veñen organizando "Xornadas Musicais" con especialistas nos distintos instrumentos da Banda, Concertos de Primaveira e Outono coa participación doutras Bandas de Música.

No palmarés artístico da Banda cabe destacar catro grabacións discográficas  no mercado,  actuacións  en Grandes Escenarios como o Teatro-Sala de Concertos de Caixavigo, o Auditorio do Parque de Castrelos, o Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, etc. A participación en programas de televisión, Certamens de Bandas  como o de Meaño ou o de Vila de Cruces. Actuacións conxuntas cos Coros do Real Club Nautico de Vigo e do Centro Veciñal e Cultural de Valladares.

É portadora ademáis do PRIMEIRO  PREMIO nos Certamenes de Bandas de Música organizados en Cangas no 1985, en Vigo no 1986 e en Lalin no 1991, tamén SEGUNDO  PREMIO no II Certamen de Bandas de Muscia Populares organizado pola XUNTA DE GALICIA, no 1996, e recentemente o SEGUNDO PREMIO na súa categoría, con 198 puntos, tan so a dous puntos do primeiro premio, no CERTAMEN INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA "CIUDAD DE VALENCIA" no Palau da Música  de Valencia.

En outubro de 1998, na sala de Concertos Caixavigo, acompañou o trompeta SOLISTA da ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA, JHON AIGI HURN, nin estraordinario CONCERTO PARA TROMPETA Y BANDA

O 22 de Novembro de 1998, con motivo da festividade da súa patrona SANTA CECILIA, rendiron unha homenaxe a un amigo colaborador desta Banda de Musica de toda a vida, D. Benito Comesaña Garcia ( Electroradio Comesaña) impoñendolle a primeira LIRA DE OURO, que o mesmo tempo fixo entrega a esta agrupacion dunha Tuba valorada en cerca de 800.000 pts

 


 Presidente: Antonio Costas Pérez

Teléfono de Contacto: 986-467053,
Para contactar por E-Mail envien as súas cartas á dirección do C.V.C. de Valladares poñendo como asunto "Á Banda de Música".


12/10/99                     cvallada@ctv.es