CANTAREIRAS DO ALBA


Este grupo nace no ano 2002, ó xuntarse un grupo de mulleres con gran afección ó canto e a recuperación de cancións antigas, nun curso de Cantareiras
Dito curso impartíao Dª Elena Piñeiro (Leni), mestra de recoñecido prestixio no mundo do folclore tradicional e integrante de distintos grupos musicais, algún deles incluso con edicións discográficas no mercado.
O grupo está composto por 15 voces, que se acompañan dalgún instrumento de percusión.
Dende os seus comenzos actuaron en distintos Centros Culturais como os de Beade, Bembrive, Castrelos, Atios, Centro Penintenciario de A Lama, Residencia Asistida da Terceira Idade, etc.
Tamén Participaron en Barreiro (Lisboa) no Festival organizado polo Rancho Folclórico dese lugar.
Hai que destacar a súa participación nas Romerias de San Gregorio, Rias o Rosas, Santísimo en Pedornes, Santa Marina de Oia, asi como nas Festas da Parroquia: San Campio, Santo André e a da Virxe da Alba.
No mes de maio organizan un Serán.
O repertorio está composto por un amplo abano de cancións do folclore tradicional